Tuesday 21 de May de 2024

Alternativa solicita maior antelación para as inscricións dos campamentos da OMIX


As familias trasladaron as queixas que na pasada edición do programa de campamentos non se facilitou a conciliación ao facer as inscricións pouco antes da realización dos campamentos.

As familias do municipio aproveitan as actividades do programa “O verán xa está aquí” como un medio máis para a conciliación. Motivo polo cal coñecer as fechas das mesmas facilita moito a organización do período estival das familias.
Alternativa xa incidiu no tema no pasado ano e novamente volve a insistir dada a importancia da conciliación no día a día da veciñanza de Cambre.